Acabamos de instalar un invernadero, co cal poderemos dispoñer de mais productos e mais tempo, anque sexa en invernadero, seguiremos mantendo a mesma ou incluso mais calidade.
Verxel Galego
VERXEL GALEGO foi creado para a difusión e comercialización do noso producto, a pataca. Anque imos producindo novos cultivos.
De toda a vida o pequeno agricultor prantou os seus productos para subsistir, e os excedentes vendíanllos a un intermediario, o cal llo vendía a outro e así varias veces mais, cando un producto pasa por moitas mans, ademais de encarecerse, pode perder calidade.
Con esta páxina, entre outras accións, tentaremos reducir os intermediarios ao mínimo posible para que o producto poida ir prácticamente do productor ao consumidor final.
Novas
Repartos Actuais
En caso de ser doutra zona póñanse en contacto con nós todo sería de estudiar, aceptanse suxerencias no correo electrónico.
Por fin deixou de chover!!!
PASO A PASO
Anque os últimos anos cada vez chove menos, normalmente ata este mes a terra está demasiado mollada como para traballala.
Marzo
Anque os últimos anos cada vez chove menos, normalmente ata este mes a terra está demasiado mollada como para traballala.
E agora empezamos todos como formigas a preparar os terrenos, de momento desbrozamos e aramos para que sequen antes os terrenos, pronto empezaremos a plantar as patacas de cedo.
Abril
Rematamos as plantacións “de cedo” e case empezamos as “de temporada”, agora so falta que o tempo acompañe un pouco.
A finales xa plantamos o resto das patacas, agora como din os vellos “diolasdeaboas”
Maio
Xa empezan a sair as plantas, pouco a pouco vaise vendo a evolución.
Xuño
As plantas van medrando, o tempo vai mellorando e esto axuda a que as plantas collan calor e medren con mais forza, anque é un momento moi delicado, hai que vixialas a miúdo, para evitar posibles ataques de mildiu ou insectos, de feito este ano foi con cambios moi bruscos de temperatura eso propicia as odiadas pestes e ataque de mildiu, un ano normal temos que sulfatar tres veces contra o mildiu con sulfatos distintos, se o ano é moi húmedo pode duplicarse ou mais, anque nos sulfatamos so cando fai falta, non nos gusta o sulfato pero tampouco gañamos nada perdendo toda a producción por non sulfatar, fixemos varios experimentos nunhas pequenas plantacións con métodos ecolóxicos pero os resultados non foron moi bos, de momento teremos que seguir usando sulfatos químicos, anque como sempre, tentamos utilizar só os necesarios, non sulfatar por sulfatar.
Xullo
Momento moi delicado para as plantas, como as plantas xa empezan a ter patacas dentro da terra agora non podemos usar sulfatos para o mildiu, esperemos que non haxa moitas pestes, a finales de mes xa poderemos apañar as patacas de cedo así que xa poderemos comercializalas. A ver se hai sorte, as patacas “de cedo” apañanse neste mes.
Agosto - Setembro
Este e o momento que esperamos todo o ano, donde recollemos os froitos do noso traballo, facemos un resumo do ano, se choveu moito ou pouco, se fixo moito ou pouco calor, e agora é cando sabemos se o fixemos ben ou en donde nos enganamos, se plantaramos antes, ou mais tarde, etc.
Aproveitando entre colleita e colleita sementamos rabizas (nabizas en outros lugares) ao sementar as rabizas conseguimos nitroxenar a terra, impide que nazan malas herbas co cal evitamos meterlle sulfatos e abonos químicos á terra e, por riba, están moi ricos tanto na versión das rabizas como dos grelos, que mais se lle pode pedir.
Da mesma forma que cos pementos estamos a investigar que tal se dan variedades autoctonas como o negro de Santiago e o apementado, se ben o negro de Santiago ten un sabor maior, tamén ten dous inconvintes importantes, a súa conservación e moi curta, en un par de dias pasan de estar verdes a estar pasados. Sen embargo a variedade apementado ten un gran sabor, moi carnoso e con pouca semente, e que a duración de maduro e moito maior ao tomate de Santiago.
O ideal sería rotar os cultivos e plantar algo distinto cada ano pero como a nosa producción se basa nas patacas, cada dous anos tentamos plantar algo complementario, unha desas plantacións son as calabazas.
Estamos a investigar que tal se dan variedades autoctonas sen ser a típica de padrón, prantamos pementos de arnoia, de vilanoba e grande do couto, das tres variedades a que mellor resultado deu foi o de vilanoba, un pemento para o noso gusto, e o dos clientes, un pemento morron, se ben non tan longo como o típico morron, moito mais carnoso e doce.